Denominación
Pilates
Contidos
Realización de exercicios de pilates adaptado mediante o traballo da mobilidade articular, fortalecemento muscular, equilibrio, coordinación, flexibilidade, control postural e respiración. Desenvolvemento de exercicios suaves e progresivos, axustados ás capacidades das persoas participantes, orientados á mellora da conciencia corporal, a estabilidade e a prevención de molestias e lesións.
Obxecto
Mellorar e manter a condición física xeral, favorecendo a mobilidade, a forza muscular, o equilibrio e a autonomía persoal. Promover o benestar físico e emocional, a mellora da postura corporal e a adquisición de hábitos de actividade física saudables mediante a práctica regular de pilates adaptado.
Datas
Setembro-xuñoLugar
Centro Comunitario "Manuela Pérez Sequeiros"Horario
Dúas sesións semanaisTáboa sedes e horarios
| Horarios |
| Luns e mércores de 8:30 a 9:30 |
| Luns e mércores de 9:30 a 10:30 |
| Luns e mércores de 19:00 a 20:00 |
| Luns e mércores de 20:00 a 21:00 |
| Luns e mércores de 21:00 a 22:00 |
| Martes e xoves de 9:30 a 10:30 |
| Martes e xoves de 11:30 a 12:30 |
| Martes e xoves de 16:30 a 17:30 |
Persoas destinatarias
Persoas de 18 a 99 anos empadroadas en NarónTaxa
21,40 € por ordenanza fiscal nº33
Unidade tramitadora
Máis información
Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros
Tlf: 981102152 / 671383575
