Denominación

Móbil ou manexo de móbil intelixente

Contidos

Introdución ao uso dos dispositivos móbiles intelixentes, traballando aspectos básicos como o manexo da pantalla táctil, configuración e organización do teléfono, xestión de contactos, chamadas e mensaxes. Aprendizaxe do uso de aplicacións de interese cotián como WhatsApp, cámara de fotos, correo electrónico, aplicacións de información, ocio e servizos dixitais. Desenvolvemento de competencias relacionadas coa seguridade, privacidade e uso responsable do teléfono móbil, adaptando os contidos ao nivel e necesidades das persoas participantes.

Obxecto

Favorecer a autonomía persoal no uso dos teléfonos intelixentes, facilitando a comunicación, o acceso á información e a realización de xestións cotiás mediante ferramentas dixitais. Reducir a fenda dixital, aumentar a confianza no manexo das novas tecnoloxías e promover un uso seguro e responsable dos dispositivos móbiles.

Datas

Lugar

Horario

,

Persoas destinatarias

Taxa

21,40 € por ordenanza fiscal nº33

Unidade tramitadora

Máis información

Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

Tlf: 981102152 / 671383575