Denominación
Manualidades
Contidos
Realización de actividades de manualidades mediante diferentes técnicas e materiais, fomentando a creatividade, a expresión artística e o desenvolvemento da motricidade fina. Elaboración de traballos manuais adaptados ás capacidades das persoas participantes, traballando aspectos como a coordinación óculo-manual, a concentración, a atención e a planificación das tarefas.
Obxecto
Favorecer a estimulación cognitiva e motora, promovendo a creatividade, a autonomía persoal, a autoestima e o benestar emocional a través da realización de actividades manipulativas e artísticas. Fomentar tamén a participación social e o sentimento de logro mediante a creación de traballos propios nun espazo de relación e convivencia.
Datas
Setembro-xuñoLugar
Centro Comunitario "Manuela Pérez Sequeiros"Horario
Xoves de 10:30 a 12:30 hPersoas destinatarias
Terán prioridade as persoas según a orde de chegada para a inscrición.
Taxa
21,40€/mes
Unidade tramitadora
Centro Comunitario Manuela Pérez SequeirosMáis información
Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros
Tlf: 981102152 / 671383575
