Denominación

Lectoescritura

Contidos

Realización de actividades orientadas ao reforzo das habilidades básicas de lectura e escritura, mediante exercicios de recoñecemento de letras, formación de palabras, lectura comprensiva de textos sinxelos e elaboración de pequenas frases e escritos. Traballo da ortografía, vocabulario, expresión escrita e comprensión lectora a través de propostas adaptadas ás capacidades e ritmos de aprendizaxe das persoas participantes.

Obxecto

Mellorar e manter as capacidades de lectura e escritura, favorecendo a autonomía persoal, a comunicación e a participación na vida cotiá. Potenciar a confianza, a autoestima e a estimulación cognitiva mediante actividades adaptadas que permitan reforzar as habilidades lingüísticas básicas.

Datas

Lugar

Horario

Persoas destinatarias

Para os grupos que figuran como EA (envellecemento activo), teñen prioridade as persoas maiores de 60 anos, residentes en Narón.

Taxa

De balde

Unidade tramitadora

Máis información

Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

Tlf: 981102152 / 671383575