Denominación
Baile de animación
Contidos
Realización de exercicios de baile de animación mediante coreografías sinxelas, movementos coordinados ao ritmo da música, traballo da mobilidade articular, equilibrio, coordinación motora e resistencia física, adaptados ás capacidades das persoas participantes. Fomento da expresión corporal, a participación activa e a interacción social a través da música e o movemento.
Obxecto
Mellorar a condición física xeral, favorecendo a mobilidade, a coordinación, o equilibrio e a autonomía persoal, así como promover o benestar emocional, a autoestima e as relacións sociais mediante unha actividade lúdica, dinámica e adaptada baseada no baile e na música.
Datas
Setembro-xuñoLugar
Centro Comunitario "Manuela Pérez Sequeiros"Horario
Luns e mércores de 11:30 a 12:30 h, Luns e mércores de 12:30 a 13:30, Martes e xoves de 18:00 a 19:00, Martes e xoves de 19:00 a 20:00DESCENTRALIZADAS
Martes e xoves
- Freixeiro 11:30 – 12:30 h
Persoas destinatarias
Persoas de 18 a 99 anos empadroadas en NarónTaxa
14,35 € por ordenanza fiscal nº33
Unidade tramitadora
Máis información
Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros
Tlf: 981102152 / 671383575
