Denominación
Acompañando na soidadeContidos
Realización de actividades e dinámicas grupais orientadas á prevención e abordaxe da soidade non desexada, favorecendo a expresión emocional, a comunicación e o establecemento de vínculos entre as persoas participantes. Desenvolvemento de espazos de encontro e reflexión sobre as emocións, as relacións sociais, os cambios vitais e as estratexias persoais para afrontar situacións de soidade. Traballo de habilidades sociais, autoestima, autocoidado e participación comunitaria mediante actividades adaptadas ás necesidades do grupo.Obxecto
Promover o benestar emocional e social das persoas participantes, favorecendo a creación de redes de apoio, o sentimento de pertenza e a participación activa na comunidade. Previr situacións de illamento social e soidade non desexada mediante o acompañamento, a comunicación e a creación de espazos seguros de relación, escoita e apoio mutuo.Datas
Setembro-xuñoLugar
Centro Comunitario "Manuela Pérez Sequeiros"Horario
Mañá, Martes e xoves de 10:30 a 11:30 hPersoas destinatarias
Persoas de máis de 60 anos empadronadas no Concello de NarónTaxa
De baldeUnidade tramitadora
Centro Comunitario Manuela Pérez SequeirosMáis información
Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros
Tlf: 981102152 / 671383575
