Denominación
Informática avanzada
Contidos
Afondamento no uso das tecnoloxías da información e comunicación mediante a realización de tarefas máis complexas no ordenador e dispositivos dixitais. Traballo con ferramentas ofimáticas, xestión do correo electrónico, almacenamento e organización de información dixital, navegación segura por internet, realización de xestións en liña e coñecemento de aspectos relacionados coa seguridade dixital.
Introdución e manexo de redes sociais e plataformas dixitais como Facebook, Instagram, YouTube ou outras ferramentas de comunicación, aprendendo a crear e xestionar perfís, compartir contidos, interactuar con outras persoas e facer un uso seguro, responsable e consciente das redes.
Obxecto
Mellorar as competencias dixitais das persoas participantes, favorecendo un uso máis autónomo, seguro e eficiente das ferramentas tecnolóxicas. Potenciar a comunicación, a participación social e o acceso á información mediante o emprego das novas tecnoloxías e das redes sociais, promovendo a inclusión dixital e a adaptación á sociedade actual.
Datas
Setembro-xuñoLugar
Centro Comunitario "Manuela Pérez Sequeiros"Horario
Luns e mércores de 16:00 a 17:00 h, Venres de 8:30 a 10:30, Xoves de 10:30 a 12:30 hPersoas destinatarias
Terán prioridade as persoas según a orde de chegada para a inscrición.
Taxa
21,40€/mes
Unidade tramitadora
Centro Comunitario Manuela Pérez SequeirosMáis información
Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros
Tlf: 981102152 / 671383575
