Denominación
SEMENTANDO O FUTURO
Contidos
- Acollida e creación dun espazo seguro.
- Reforzo das competencias básicas.
- Desenvolvemento de habilidades persoais e sociais.
- Inclusión e participación.
- Apoio emocional e acompañamento.
- Actividades lúdicas e creativas
Obxecto
- Apoiar o desenvolvemento de actividades educativas dirixidas a menores e adolescentes
de familias en situación de exclusión social ou en risco de padecela. - Reforzar as competencias básicas mediante actividades adaptadas ao nivel e ritmo de
aprendizaxe do alumnado. - Ofrecer apoio emocional e motivacional, creando un espazo seguro onde o alumnado se
sinta acompañado e valorado. - Detectar e atender necesidades educativas específicas, en coordinación cos equipos
docentes e os técnicos municipais. - Fomentar a autoestima, a autonomía e a confianza, como elementos clave para o éxito
escolar e persoal. - Previr o abandono escolar temperán.
- Establecer rutinas de estudo e hábitos de traballo, tratando de mellorar así o rendemento
académico e a organización. - Favorecer a integración social e emocional no centro educativo.
Datas
Outubro-maioLugar
Casa da Mocidade da GándaraHorario
2 horas á semana por grupoPersoas destinatarias
Alumnado empadroado ou escolarizado en centros de ensino de Narón que estea cursando educación secundaria e derivado polo servizo Sociocomunitario.Número de prazas
16 prazas.
Unidade tramitadora
Máis información
Asesoramento á inscrición na Casa da Mocidade de luns a venres de 10:00 a 13:00 h
dende o 18 ao 30 de setembro de 2025.
No seguinte botón atoparás a actividade indicada e poderás consultar os trámites específicos e a documentación a achegar para a mesma: