Denominación
Gaita
Contidos
O Padroado da Cultura do Concello de Narón mantén dende a súa fundación unha teima pola defensa, salvagarda e difusión da nosa cultura tradicional. Para iso creou 8 escolas culturais de corte tradicional, no que se imparten disciplinas básicas na cultura etnomusical galega. Tratando sempre de valorizar a nosa cultura por medio do ensino estruturado e de calidade, achegándolle ao alumnado os coñecementos básicos que lle permitan desenvolverse autonomamente en calquera que sexa a actividade que realice.
Obxecto
- Defender e difundir a cultura tradicional galega por medio da transmisión de coñecemento en calquera dos seus aspectos, con especial atención á cultura etnomusical propia.
- Achegar a cultura tradicional a novos públicos .
- Promover a utilización da lingua galega.
Datas
Outubro-maioLugar
Auditorio, Casa da Cultura, Casa da Mocidade da Gándara, Centros cívicos sociaisHorario
Tardes.
Persoas destinatarias
Todas as persoas interesadas estean ou non empadroadas no Concello de Narón.
- Gaita: a partir de 6 anos
Taxa
De cada escola por curso 70 €.*
*Regulado pola Ordenanza fiscal Nº 14 reguladora da taxa por servizos prestados polo Padroado da Cultura.
Unidade tramitadora
Padroado da CulturaMáis información
Web do Padroado da Cultura de Narón:
https://www.padroadodecultura.es/gl/escolas-culturais/cultura