Denominación
Escolas de familia
Contidos
As Escolas de familias, enmárcase dentro de PROMEDEX (Programa municipal de educación extraescolar) do Concello de Narón. É un recurso dirixido ás familias.
Os contidos a impartir relaciónanse con 3 grandes bloques temáticos:
- Bloque día a día: dende este bloque temático, ofreceráselles ás familias as estratexias e técnicas básicas precisas para poder afrontar e buscar solucións responsables aos conflitos cotiás.
- Bloque creando lazos afectivos: neste bloque trátase de ensinarlles ás familias a traballar estratexias de control de estrés e traballar tanto a atención plena como a superación da frustración.
- Bloque temas a debate: seguindo as necesidades propostas polas familias, destinarase este grupo de sesións a traballar aquelas cuestións de interese para as persoas participantes.
En canto aos contidos e temáticas, abordaranse entre outros:
- A comunicación efectiva
- Autocoidado e benestar emocional
- Cerebro infantil e adolescente
- Como guiar no estudo sen sobreprotexer
- Límites sen dramas
- Acompañamento emocional para casos difíciles: medos, dor, conflitos, etc
- A tolerancia á frustración
- Como falar de sexualidade
- Celos entre irmáns
- Como educar en sociedade
Obxecto
Analizar as principais inquedanzas educativas coas que se atopan os diferentes membros da familia á hora de educar, proporcionándolles ferramentas educativas, que lles permitan afrontar tales dificultades dunha maneira crítica e responsable.
Datas
En xuño realizarase unha convivencia de fin de curso con todas as familias participantes.
Lugar
Centros cívico sociais ( familias con nenos/as escolarizados/as en centros de ensino de Narón) e escola infantil municipal da Solaina ( para as familias das escolas infantís de Narón)
Educación ESO e Bacharelatop-Centro Cívico Social O Alto., Educación infantil e primaria-Centro cívico social A Solaina, Escolas Infantís Municipàis-EIM A SOLAINA.
Horario
Educación Infantil e Primaria: Venres de 9:30 a 11:30h., Escolas Infantís Municipais: Último mércores de cada mes de 16:15 a 18:15h, ESO e Bacharelato: Mércores de 18:30 a 20:30h.
Número de prazas
60 prazas (ata un máximo de 20 prazas por grupo)
Crearanse un total de 3 grupos: 1 grupo para familias das escolas infantís, 1 grupo para familias de ESO e bacharelato e 1 grupo para familias de educación infantil e primaria.
Persoas destinatarias
Familias interesadas empadroadas no Concello de Narón ou que teñan fillos/as escolarizados/as en centros de ensino de Narón (infantil, primaria, secundaria e bacharelato), así como nas escolas infantís de Narón.
Terán preferencia as familias con nenos/as escolarizados/as en centros educativos públicos.
Taxa
8,15€/mes/familia (tarifa 1ª da Ordenanza fiscal nº 15 reguladora da taxa polos servizos prestados polo Servizo Sociocomunitario)
Prazo e Lugar de Solicitude
As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica, no rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón. O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día 21 de xaneiro de 2025 ata esgotar prazas.
Unidade tramitadora
Forma de Selección
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición
Observacións
O Concello resérvase a posibilidade de anular esta actividade no caso de que non se cubra o 60% da participación prevista.
O alumnado seleccionado será informado telefonicamente da súa admisión.
O alumnado terá que comprometerse a cumprir as normas do curso.
O requisito de empadroamento será verificado polo Concello.
Darase de baixa de oficio da praza obtida, se non se cumpren cos requisitos establecidos especificados nos puntos anteriores.
Antes de comezar a actividade e unha vez comprobada a praza pola familia, se non estivesen interesadas nesta, deben comunicar a súa renuncia por escrito no rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón. Esta baixa, será efectiva a partir do mes seguinte da súa presentación. Se o/a participante deixa de asistir e non se comunica a baixa no Concello de Narón, a inscrición seguirá en vigor e seguiranse emitindo os recibos correspondentes.
Documentación a aportar
- Anexo II: Autorizacións
- Domiciliación bancaria( modelo T-TES-02)
- DNI da persoa que vai participar na actividade
- Certificado de escolarización de fillo/a nun centro educativo de Narón
Máis información
Concello de Narón
Servizo Sociocomunitario
Praza de Galicia S/N
15570 Narón
Tlf: 981 337700 ext 1108,1109,1122