Denominación

Escolas de familia

Contidos

Obradoiro educativo dirixido ás familias, no que a través dunha profesional da educación,
se analizarán e debaterán temáticas relacionadas coa educación dos/as menores,
achegando ferramentas educativas de intervención, que melloren as relacións de
convivencia do núcleo familiar. Estes obradoiros constan por una lado de sesións grupais
coas familias, e por outro lado, titorías individuais.
Os contidos a impartir nas sesións serán:

  • A familia como espazo educativo.
  • Comunicación e resolución de conflitos.
  • Acompañamento escolar desde casa.
  • Prevención de riscos dixitais.
  • Saúde emocional e benestar familiar.
  • Diversidade e inclusión.
  • Espazos de diálogo e apoio mutuo.

Obxecto

  • Analizar as principais inquedanzas educativas coas que se atopan os diferentes
    membros da familia á hora de educar as/os menores, proporcionándolles
    ferramentas que lles permitan afrontar as dificultades dunha maneira crítica e
    responsable.
  • Favorecer o coñecemento de estratexias e técnicas á hora de resolver os
    conflitos.
  • Mellorar a comunicación familiar e as relacións de parella.
  • Proporcionar sistemas de información e apoio ás familias.

Datas

En xuño realizarase unha convivencia de fin de curso con todas as familias participantes.

Lugar

, ,

Horario

Número de prazas

45 prazas( ata un máximo de 15 prazas por grupo)
-Crearanse un total de 3 grupos: 1 grupo para familias de primeiro ciclo de educación
infantil, 1 grupos para resto de infantil e primaria e un grupo para familias dos restantes
niveis educativos.

Persoas destinatarias

Taxa

8,15€/mes/familia (tarifa 1ª da Ordenanza fiscal nº 15 reguladora da taxa polos servizos
prestados polo Servizo Sociocomunitario)

Unidade tramitadora

Forma de Selección

As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Observacións

-O Concello resérvase a posibilidade de anular esta actividade no caso de que non se
cubra o 60% da participación prevista.
-O alumnado seleccionado será informado telefonicamente da súa admisión.
-O alumnado terá que comprometerse a cumprir as normas do curso.
-O requisito de empadroamento será verificado polo Concello.
-Darase de baixa de oficio da praza obtida, se non se cumpren cos requisitos establecidos
especificados nos puntos anteriores.
-Antes de comezar a actividade e unha vez comprobada a praza pola familia, se non
estivesen interesadas nesta, deben comunicar a súa renuncia por escrito no rexistro
municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións
públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de
Narón. Esta baixa, será efectiva a partir do mes seguinte da súa presentación. Se o/a
participante deixa de asistir e non se comunica a baixa no Concello de Narón, a inscrición
seguirá en vigor e seguiranse emitindo os recibos correspondentes.

Documentación a presentar coa solicitude

  • Anexo II: Autorizacións
  • Domiciliación bancaria( modelo T-TES-02)
  • DNI da persoa que vai participar na actividade
  • Certificado de escolarización de fillo/a nun centro educativo de Narón

Máis información

Concello de Narón
Servizo Sociocomunitario
Praza de Galicia S/N
15570 Narón
Tlf: 981 337700 ext 1108,1109,1122

No seguinte botón atoparás a actividade indicada e poderás consultar os trámites específicos e a documentación a achegar para a mesma: