Denominación

Encontros de Mulleres

Contidos

A actividades serán consensuadas nos primeiros días da actividade. Unha vez formados os grupos faremos dinámicas para ver cales son os temas de interese para cada unha de elas e axustar as sesións o máis posible as súas necesidades. Mantendo sempre de xeito transversal temas que melloren a súa saúde mental, benestar bio-psico-social e a perspectiva de xénero.

Na medida que vaia sendo posible priorizaranse as saídas o exterior e a participación en actividades do Concello.

Algún dos temas a tratar son:

  • Habilidades sociais e relación interpersoais.
  • A soidade.
  • Xestión emocional.
  • Autoestima, autocoñecemento e autocoidado emocional.
  • Perspectiva de xénero e empoderamento.
  • Tecer rede social de apoio.

Obxecto

Procura a mellora do benestar integral das mulleres participantes a través do traballo da súa autoestima e validación, a socialización coas compañeiras, o desafogo nun espazo seguro no que compartir con iguais e o aprendizaxe de ferramentas para o autocoidado e os límites.

  • Que as participantes poidan aumentar a sua rede social de apoio.
  • Dotar as participantes de ferramentas para o seu autocoidado e a mellora do seu benestar integral.
  • Facilitar un espazo distendido onde divertirse, compartir, facer novas amizades e probar novas actividades.
  • Crear un tempo de desconexión das preocupacións diarias, un tempo de respiro no que centrarse nelas mesmas.
  • Participar en actividades diferentes para coñecer os servizos que brinda o Concello de Narón.

Datas

Lugar

,

Horario

, ,

Establécense unhas horas extra para conferencias, xuntanzas, e saídas. Estas poden darse en horarios diferentes os establecidos.

Persoas destinatarias

Taxa

De balde.

Unidade tramitadora

Máis información

Se desexas participar na actividade, preme no seguinte botón para acceder á sede electrónica e información complementaria: