Denominación
Escolas de familia
Contidos
Obradoiro educativo dirixido ás familias, no que a través dunha profesional da educación,
se analizarán e debaterán temáticas relacionadas coa educación dos/as menores,
achegando ferramentas educativas de intervención, que melloren as relacións de
convivencia do núcleo familiar. Estes obradoiros constan por una lado de sesións grupais
coas familias, e por outro lado, titorías individuais.
Os contidos a impartir nas sesións serán:
- A familia como espazo educativo.
- Comunicación e resolución de conflitos.
- Acompañamento escolar desde casa.
- Prevención de riscos dixitais.
- Saúde emocional e benestar familiar.
- Diversidade e inclusión.
- Espazos de diálogo e apoio mutuo.
Obxecto
- Analizar as principais inquedanzas educativas coas que se atopan os diferentes
membros da familia á hora de educar as/os menores, proporcionándolles
ferramentas que lles permitan afrontar as dificultades dunha maneira crítica e
responsable. - Favorecer o coñecemento de estratexias e técnicas á hora de resolver os
conflitos. - Mellorar a comunicación familiar e as relacións de parella.
- Proporcionar sistemas de información e apoio ás familias.
Datas
Outubro-maioEn xuño realizarase unha convivencia de fin de curso con todas as familias participantes.
Lugar
Educación ESO e Bacharelato-Centro municipal a determinar, Educación infantil e primaria-Centro municipal a determinar, Escolas Infantís Municipàis-EIM A SOLAINA.Horario
Antes do inicio dos obradoiros, farase unha reunión coas familias para consensuar horarios e días (no caso de non ter dispoñibilidade na proposta ofertada polo Concello))
a. Grupo de familias con nenos/as escolarizados/as en EI, EP e ESO Sesións de 2h á semana os xoves de 17:00 a 19:00 horas, b. Grupo de familias das escolas infantís municipais. 2 sesións ao mes os 2º e 4º martes de mes en horario de 16:30 a 18:30 h, Un día á semana/grupo en horario de mañá ou tarde. As sesións serán de 2 horas de duraciónNúmero de prazas
30 prazas (ata un máximo de 15 prazas por grupo)
Crearanse un total de 2 grupos: 1 grupo para familias de primeiro ciclo de educación infantil, 1 grupo para familias dos restantes niveis educativos.
Persoas destinatarias
Familias interesadas que están empadroadas en Narón ou teñan fillos/as escolarizados/as en centros de ensino de NarónTaxa
8,15€/mes/familia (tarifa 1ª da Ordenanza fiscal nº 15 reguladora da taxa polos servizos
prestados polo Servizo Sociocomunitario)
Unidade tramitadora
Servizo sociocomunitarioForma de Selección
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Observacións
-O Concello resérvase a posibilidade de anular esta actividade no caso de que non se cubra o 60% da participación prevista.
-O alumnado seleccionado será informado telefonicamente da súa admisión.
-O alumnado terá que comprometerse a cumprir as normas do curso.
-O requisito de empadroamento será verificado polo Concello.
-Darase de baixa de oficio da praza obtida, se non se cumpren cos requisitos establecidos especificados nos puntos anteriores.
-Antes de comezar a actividade e unha vez comprobada a praza pola familia, se non estivesen interesadas nesta, deben comunicar a súa renuncia por escrito no rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón. Esta baixa, será efectiva a partir do mes seguinte da súa presentación. Se o/a participante deixa de asistir e non se comunica a baixa no Concello de Narón, a inscrición seguirá en vigor e seguiranse emitindo os recibos correspondentes.
Documentación a presentar coa solicitude
- Anexo II: Autorizacións
- Domiciliación bancaria( modelo T-TES-02)
- DNI da persoa que vai participar na actividade
- Certificado de escolarización de fillo/a nun centro educativo de Narón
Máis información
Concello de Narón
Servizo Sociocomunitario
Praza de Galicia S/N
15570 Narón
Tlf: 981 337700 ext 1108,1109,1122
No seguinte botón atoparás a actividade indicada e poderás consultar os trámites específicos e a documentación a achegar para a mesma:
