Denominación
REFORZATIC
Contidos
- Introdución ao uso educativo das TIC.
- Reforzo de competencias básicas.
- Desenvolvemento de habilidades dixitais.
- Técnicas de estudo e organización.
- Traballo colaborativo e motivación.
- Avaliación e autoavaliación.
Obxecto
- Reforzar os contidos curriculares mediante actividades dixitais adaptadas ao nivel do
alumnado. - Reforzar ao alumnado con maiores dificultades de aprendizaxe nas áreas de lingua e
matemática mediante a utilización de dinámicas e exercicios grupais de comprensión,
síntese, cálculo lóxico, matemático dirixido a educación primaria - Mellorar a motivación e o interese polo estudo a través de metodoloxías lúdicas.
- Desenvolver habilidades dixitais básicas, como o uso de plataformas educativas,
navegación segura e manexo de recursos multimedia. - Establecer rutinas de estudo e hábitos de traballo, tratando de mellorar así o rendemento
académico e a organización. - Favorecer a inclusión educativa, adaptando os recursos ás necesidades individuais e
estilos de aprendizaxe diversos. - Promover o traballo colaborativo, a través de dinámicas en parellas ou pequenos grupos
que fomenten a cooperación e o respecto.
Datas
Outubro-maioInstalacións
Casa da mocidadeLugar
Casa da Mocidade da GándaraHorario
2 horas á semana por grupo, Grupo I: luns de 16:00 a 18:00 h, Grupo II: mércores de 16:00 a 18:00 h, Grupo III: xoves de 16:00 a 18:00 h, Grupo IV: martes de 16:00 a 18:00 h, Grupo V: venres de 16:00 a 18:00 hPersoas destinatarias
Alumnado escolarizado en centros de ensino público de Narón que estea cursando educación primaria e derivado polos departamentos de Orientación dos centros educativosMáis información
No seguinte botón atoparás a actividade indicada e poderás consultar os trámites específicos e a documentación a achegar para a mesma: