Denominación

Obradoiros de iniciación á lingua inglesa para alumnado de educación primaria

Contidos

Os obradoiros de iniciación á lingua inglesa, enmárcase dentro de PROMEDEX (Programa Municipal de Educación Extraescolar) do Concello de Narón.

Os contidos a tratar nos obradoiros, son os seguintes:

  • Contar elementos e preguntar cuantos hai.
  • Identificación e descrición de animais, persoas, obxectos, paisaxes etc.
  • Rexeitar ou aceptar suxestións, ofrecementos.
  • Poder contar as actividades que un sabe facer e cales son as súas actividades preferidas.
  • Localizar elementos co uso de preposicións.
  • Identificar e presentar persoas.
  • Saber dar datos persoais e presentarse .
  • Vocabulario relacionado con lecer e tempo libre, comida, roupa, tendas, profesións etc.
  • Tomar parte nunha conversación comunicando tarefas simples e habituais.
  • Pedir e dar información simple sobre temas e actividades familiares.
  • Utilizar unha serie de frases e expresións para describir de forma sinxela á súa familia e -compañeiros de clase e a súa contorna próxima.
  • Describir de maneira sinxela as actividades e rutinas diarias que realiza.

Obxecto

  • Realizar un reforzo educativo da ensinanza que se ofrece nos centros públicos propoñendo a integración das que se realizan despois do horario escolar, nos Proxectos educativos dos centros.
  • A través dunha metodoloxía lúdica, realizarase unha inmersión lingüística na lingua inglesa, do alumnado de educación infantil e de primaria.

Datas

Lugar

Persoas destinatarias

Taxa

8,15€/mes (Tarifa 1ª da Ordenanza fiscal nº 15 reguladora da taxa polos servizos prestados polo Servizo Sociocomunitario)

Unidade tramitadora

Máis información

Se desexas participar na actividade, preme no seguinte botón para acceder á sede electrónica e información complementaria: