Denominación
Falarmos… Nós! Grupo de conversa en galego.
Actividade coordinada dende a Deputación Provincial da Coruña
Contidos
Sesións de conversa en galego.
Todos os luns de 11:30 a 12:30.
O tema de conversa varía cada semana para poder chegar así a acadar un vocabulario sobre diferentes aspectos da vida cotiá.
Obxecto
- Incrementar o uso social do galego: favorecer que as persoas participantes incorporen o galego con máis frecuencia ás súas interaccións cotiás, dentro e fóra do grupo.
- Mellorar a competencia comunicativa oral: crear oportunidades para practicar a expresión e a comprensión oral en galego nun contexto real de comunicación.
- Ofrecer un espazo seguro e acolledor para falar galego: promover un ambiente de confianza no que as persoas poidan expresarse sen medo a cometer erros, gañando seguridade e soltura.
- Fomentar as relacións sociais e o intercambio de experiencias: facilitar o encontro entre persoas con intereses diversos a través da conversa, a escoita activa e o respecto mutuo.
- Reforzar o coñecemento e a valoración da lingua e da cultura galegas: achegar ás persoas participantes recursos, referencias culturais e reflexións que contribúan a fortalecer o vínculo co galego e coa realidade cultural de Galicia.
Datas
Todo o anoLugar
Biblioteca pública municipal de NarónHorario
Luns de 11:30 a 12:30 hPersoas destinatarias
Persoas adultas a partir de 18 anosTaxa
De balde
Unidade tramitadora
Biblioteca pública municipal de NarónMáis información
Biblioteca pública municipal de Narón
R/ 25 de xullo, s/n, 15570
981382713
biblioteca.central@naron.es
