Denominación
Corte, costura e confección
Contidos
Realización de actividades relacionadas co corte, a costura e a confección textil mediante o coñecemento e práctica de diferentes técnicas, como toma de medidas, preparación de patróns sinxelos, corte de tecidos, cosido manual e outras técnicas básicas de elaboración e reparación de pezas. Desenvolvemento de proxectos creativos adaptados ás capacidades das persoas participantes, traballando a precisión, a coordinación óculo-manual, a concentración e a motricidade fina. Fomento do aproveitamento de materiais, a creatividade e a recuperación de coñecementos e técnicas tradicionais de costura.
Obxecto
Favorecer o desenvolvemento das capacidades motrices, cognitivas e creativas mediante actividades de confección e traballo textil. Promover a autonomía persoal, a autoestima e a satisfacción polo traballo realizado, así como fomentar a participación social, o intercambio de coñecementos e a creación dun espazo de aprendizaxe e convivencia.
Datas
Setembro-xuñoLugar
Centro Comunitario "Manuela Pérez Sequeiros"Horario
Tardes.
Tarde, Venres de 16:00 a 18:00 hPersoas destinatarias
Taxa
21,40€/mes
Unidade tramitadora
Centro Comunitario Manuela Pérez SequeirosMáis información
Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros
Tlf: 981102152 / 671383575
