Denominación
TI+: Benestar, igualdade e competencias para a vida.
Contidos
Adquisición de destrezas no eido persoal, sanitario, no eido educativo e sociocomunitario e no eido de ocio e tempo libre.
Obxecto
Promover a inclusión social e o apoderamento das mulleres que se atopan en situacións de especial vulnerabilidade, mellorando as súas competencias persoais e sociais, levando a cabo accións socioeducativas encamiñadas á adquisición de destrezas en diferentes eidos.
Datas
Outubro-xuñoLugar
Casa da MocidadeHorario
Martes e xoves de 9:30 a 12:30h (12 prazas)Persoas destinatarias
Mulleres que se atopan en situacións de especial vulnerabilidade persoal, social e laboral (vítimas de violencia de xénero, responsables de núcleos familiares, maiores de 45 anos sen cualificación, pertencentes a minorías étnicas, inmigrantes, con baixo nivel formativo, paradas de longa duración, etc.).
Taxa
De balde
Prazo e lugar de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día 15 de setembro ata esgotar prazas. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica, no Rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón.
Unidade tramitadora
Máis información
Asesoramento á inscrición na Casa da Mocidade de luns a venres de 10:00 a 13:00 h dende o 15 ao 30 de setembro de 2026.
No seguinte botón atoparás a actividade indicada e poderás consultar os trámites específicos e a documentación a achegar para a mesma:
