Denominación

Escola de Benestar: Vivir en Rede

Contidos

As actividades serán consensuadas nos primeiros días da actividade. Unha vez formados os grupos faremos dinámicas para ver cales son os temas de interese para cada unha de elas e axustar as sesións o máis posible as súas necesidades. Mantendo sempre de xeito transversal temas que melloren a súa saúde mental, benestar bio-psico-social e a perspectiva de xénero.

Na medida que vaia sendo posible priorizaranse as saídas o exterior e a participación en actividades do Concello.

Algún dos temas a tratar son:

  • Habilidades sociais e relación interpersoais.
  • A soidade.
  • Xestión emocional.
  • Autoestima, autocoñecemento e autocoidado emocional.
  • Perspectiva de xénero e empoderamento.
  • Tecer rede social de apoio.

Obxecto

Procura a mellora do benestar integral das mulleres participantes a través do traballo da súa autoestima e validación, a socialización coas compañeiras, o desafogo nun espazo seguro no que compartir con iguais e o aprendizaxe de ferramentas para o autocoidado e os límites.

  • Que as participantes poidan aumentar a sua rede social de apoio.
  • Dotar as participantes de ferramentas para o seu autocoidado e a mellora do seu benestar integral.
  • Facilitar un espazo distendido onde divertirse, compartir, facer novas amizades e probar novas actividades.
  • Crear un tempo de desconexión das preocupacións diarias, un tempo de respiro no que centrarse nelas mesmas.
  • Participar en actividades diferentes para coñecer os servizos que brinda o Concello de Narón.

Datas

Lugar

Grupo 1 e 3 no centro cívico social de Virxe do Mar. Grupo 2 na Casa da Mocidade.

,

Horario

, ,

Persoas destinatarias

Taxa

De balde.

Unidade tramitadora

Máis información

Se desexas participar na actividade, preme no seguinte botón para acceder á sede electrónica e información complementaria: